Mi lista de blogs

sábado, 28 de noviembre de 2009

Coa implantación da lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE) a materia de música perdeu moitas horas no currículo da ESO e de Bacharelato:


- En 2º ESO a asignatura de música pasou de ter 3 horas a 2 horas a semana.



- En Bacharelato con REAL DECRETO 1467/2007 desapareceu a materia de Historia da Música propia da modalidade B do bacharelato de humanidades e ciencias sociais de 4 horas e a optativa de Música 2 de 4 horas.



- No RD, o artigo 5 regula as modalidades de bacharelato e establece a modalidade de artes, con dúas vías, unha delas a de Artes Escénicas, Música e Danza, que supón a aparición no bacharelato das seguintes materias: Linguaxe e práctica musical I, Análise musical I, Análise musical II e Historia da música e danza.



Tras esta perda de carga lectiva a situación na que nos atopamos os funcionarios que conseguimos a nosa praza nos procedementos selectivos de 2007 (DATA DOG 13/04/07) e 2008 (DATA DOG 16/04/08) é a seguinte:




  • A metade dos funcionarios que entraron no 2007 están esperando a súa praza definitiva, no primeiro ano , no concurso de traslados do 2008 acadaron a praza definitiva 9 funcionarios e no segundo ano un funcionario, ese ano sacaron outras 3 prazas definitivas que foron para funcionarios de outras comunidades autónomas, posto que o concurso de traslados foi nacional. Dos funcionarios que entraron no corpo o 2008 non hai ningún que teña a praza definitiva.

  • No concurso de traslados provisional do curso 2008-2009 só houbo 25 prazas de música completas, o resto de prazas foron con materias afíns habendo casos de ata 3 afíns. Inda así as vacantes ofertadas non chegaron para colocar a todos os funcionarios e o curso comezou con 18 funcionarios en expectativa de destino sen saber onde terían que traballar nin que funcións terían que cumprir.

  • Os funcionarios que non obtiveron praza na resolución de destinos provisionais están a traballar como profesores doutras materias, con moi poucas horas de música ou ningunha, facendo outras labores nos institutos ou facendo substitucións.


Nós comprendemos que a situación non é culpa da Consellería se non da cantidade de prazas a oposición que saíron nos últimos anos que naquel momento se necesitaban pero que coa LOE xa non, pero consideramos que os recursos que ten a Consellería de Educación no tocante a especialidade de Música de secundaria pódense e débense utilizar doutra forma para acadar resultados máis óptimos co mesmo gasto de cartos, xa que non só estas medidas supoñen crear máis emprego se non que os empregados traballen no que son especialistas e mellorar así a calidade da educación.



Tamén queremos destacar que por estes feitos sentímonos nunha situación de inferioridade con respecto a funcionarios de música de secundaria doutras comunidades autónomas, con respecto a funcionarios de especialidades de música e artes escénicas, con respecto a funcionarios doutras especialidades de secundaria e en xeral con respecto a funcionarios de educación doutros corpo.



Por isto expoñemos os seguintes puntos:




  1. No REAL DECRETO 1834/2008, do 8 de novembro que establece as especialidades dos corpos docentes da ensinanza secundaria aparece no ANEXO IV as materias musicais de bacharelato son especialidades do corpo de música de ensinanza secundaria, inda que no artigo 8 referente a Docentes doutros corpos declárase que se o Bacharelato de Artes se imparte nun centro especializado as prazas pódenas ocupar docentes destes centros, este artigo só deixa aberta á posibilidade de que sexa así e non á obrigatoriedade de que sexa así. Nos últimos concursos de traslados provisionais ou definitivos non saíron estas prazas a concurso dos profesores de ensino secundario, polo que os bacharelatos de artes escénicas, música e danza que se imparten nos conservatorios só se están a impartir por profesores de conservatorio, cando estas prazas deberían ser, salvo excepción, para profesores de ensino secundario. Nós pedimos que estas prazas de música nos bacharelatos musicais saian a concurso de traslado dos profesores de ensino secundario. Se non saen como prazas de destino definitivo teñen que sair como prazas provisionais pero no concurso de traslados dos docentes de ensino secundario. Actualmente as horas de música dos bacharelatos musicais estanas a impartir profesores de conservatorio chegando a impedir que os profesores de música dos centros aos que están adscritos estos bacharelatos dean as asignaturas de música, incumprindo deste xeito a lexislación.

  2. Polo artigo IV da LOE, o bacharelato organízase en materias de distintas modalidades, con materias comúns, materias de modalidade e materias optativas que se orientan a conseguir que obxectivos comúns a todas as modalidades. Así pois a materia de Historia da música e danza, pertencente ao bacharelato musical, pódese ofertar nun número amplo de institutos con bacharelatos que non sexan musicais. Esta materia pódese ofertar como optativa doutra modalidade e, dado o recorte enorme de horario e sobre todo os excedentes de profesorado especialista en música que ten Galicia é unha boa maneira de aproveitar os recursos.

  3. Pedimos que nos próximos concursos de traslados provisionais tenten de aproveitar ao máximo as horas excedentes de música nos institutos para sacar máis prazas itinerantes. Sabemos que hai institutos que poderían compartir un profesor de música e no seu lugar están agora mesmo dous profesores non especialistas impartindo estas horas.

  4. No Real Decreto 1631/2006, do 29 de decembro, como disposición adicional segunda, no tocante as ensinanzas da relixión establécese que a materia de Atención Educativa non pode ter ningún contido curricular, e a única condición é que as medidas que dispoñan os centros deberán ser incluídas no proxecto educativo para que nais, pais, titores e alumnado coñezan con anterioridade como vai ser a materia. Polo tanto propoñemos que se fomente que estas horas vaian para profesores de música e que estas horas se impartan Obradoiros Culturais. Poderíanse adicar estas horas a actividades de xestión dos concertos ou outras actividades do Departamento de música óptimos para ocupar este horario sen transixir a norma de non impartir contido curricular. Isto tamen suporía unha axuda para recolocar os excedentes de profesorado especialista en música.

  5. Asemade poderíase crear unha materia optativa en 3º ESO de expresión corporal/vocal impartida polo departamento de música, esta opción xa existe en comunidades como Cantabria.

  6. No tocante ao concurso xeral de traslados do ano 2009-2010 pedimos que intenten sacar todas as prazas definitivas que se poida, e o que non se saque, que non o saquen no concurso de traslados nacional, xa que o ano pasado houbo catro prazas na especialidade de música das cales tres foron para funcionarios doutras comunidades autónomas e en Galicia vai custar moito colocar con praza definitiva os funcionarios de música desta comunidade. Mentres que en case todos os institutos o departamento de música perdeu horas lectivas, nos institutos con bacharelato musical teñen máis horario, polo menos engadiron 8 horas este ano e 8 o próximo. Porén, na proposta do concurso xeral de traslados non está reflectida ningunha destas prazas. Por isto pedimos que se saquen as prazas definitivas que se xeraron coa implantación do bacharelato musical nestes institutos.

  7. Por último pedimos tamén a posibilidade de concorrer no destino provisional en prazas de Conservatorio, xa que cos idiomas faise pero non en música e poderíase facer sen problema, principalmente en materias teóricas. Hai listas de conservatorio que estanse a abrir na actualidade porque fan falla profesores, pero en secundaria sobran.




Relación de centros nos que hai horas suficientes para sacar vacantes no concurso xeral de traslados e que se deberían de sacar este ano e non esperar ao ano do concurso xeral de traslados nacional polos motivos anteriormente mencionados:

Por todos estes motivos, como pertences ao corpo de PES de Galicia e afectados pola situación asinamos o escrito:
___________, de do 2009

Nome DNI Sinatura